11/4/16

Colocación de tablillas

Dende a xunta directiva queremos anunciarvos que o vindeiro domingo procederase a colocación das tablillas co nome dos pozos no couto de Ombre. Quedarase as 8 da mañá no bar Los Molinos. Calquer axuda será ben recibida. Un saudo e boa pesca.
 

10/2/16

Novo ano

Comezamos este ano 2016 anunciándovos que se non hai nengún problema os días 21 e 28 de Febreiro realizaránse limpezas no río das Ferrerías.
Por outra parte a Asamblea Xeral celebrarase o día 5 de Marzo nos Molinos, despois da cal teremos unha cea consistente en cocido.
Un saudo.

14/8/15

Xornada de pesca

O vindeiro sábado 12 de Setembro terá lugar a xornada de pesca da asociación. Os que queirades asistir podédesvos apuntar no bar Los Molinos e face-la reserva do couto. No caso de haber máis xente que  permisos celebrarase un sorteo o día 11 de Setembro as 21,00 horas. Para calquera aclaración podedes poñervos en contacto co presidente no seguinte número 661348311. Un saudo e boa pesca.

28/6/15

Nova andaina

Comezamos con este blog para dar a coñecer as actividades que realizamos na asociación, asi como caluqer novidade relacionada co rio Eume. Esperamos que sexa do voso agrado